6 de jul. de 2012

[28 DE XULLO] Publicamos as probas das Olimpíadas Inter-Povos


As probas que decorreran nesta nova edición das Olimpíadas Inter-Povos o próximo 28 de xullo no Campo da Moreira serán as que seguen;

4000m. 
A proba consistirá nunha carreira de 4000 metros, a través dun circuito debidamente sinalizado, polas inmediacions da Moreira. Desclasificación da proba: 3 saídas nulas (sair antes do sinal), agarrar, golpear, empurrar, desequilibrar ou obstruir outro participante, atalhar ou circular por fora do circuito marcado.

100m
A proba consistirá nunha carreira de 100 metros na pista de atletismo, a través dun circuito debidamente sinalizado. Serán motivos de desclasificación da proba: 3 saídas nulas (sair antes do sinal), agarrar, golpear, empurrar, desequilibrar ou obstruir outro participante, atalhar ou circular por fora do circuito marcado.

Salto de Lonxitude
Espazo da competición: O espazo de competición constará de dúas partes, unha pista de aceleración e unha área de aterrizaxe, separadas por unha marca (liña de batida). A primeira será duns 30 m, podéndose comezar a carreira desde o ponto que consideremos máis adecuado dentro desta distancia. A segunda terá uns 7 m. de distancia.

Lanzamento de Sacho
A proba consistirá no lanzamento de lonxitude dunha aixada ou sacho. Os lanzamentos realizaránse por quendas, podendo realizar un só lanzamento por participante e quenda. Dentro do campo de lanzamento delemitarase a zona de lanzamento. Cada lanzador disporá de 3 intentos, nos cales intentará chegar coa aixada a maior distancia posible. Medirase a distancia que existe entre o límite da zona de lanzamento e o primeiro impacto da parte de ferro do sacho co chao.A maneira ou estilo coa que se debe realizar o lanzamento será libre e á escolla do lanzador.

Tiro con Fisga
Diana. Atoparase a unha distancia de 10 m da zona de tiro. Dividirase en 4 circunferencias que delimitarán, da maior à mais pequena, áreas de 25, 50, 75 e 100 pontos, contando do exterior o interior respectivamente. As dimensións serán dun A0 (84 cm de ancho e 1m 18 cm de longo).
Fisga e munición. Todos os participantes competirán co mesmo tipo de fisga e lanzarán o mesmo tipo de pedras, cedidas unhas e outras pola organizacion.
Proba. Permitiranse 5 tiros, den ou non na diana. A puntuación final será a suma das veces que se de en diana cos puntos marcados na circunferecia. En caso de empate, pasará quen conseguise o tiro mais próximo ao centro da diana.

Volei
O Campo: Dividido en dúas partes, iguais entre si, que meden 10 x 6 m, con unha superficie aberta entre 3 e6 m. e espazo libre de xogo, que é o espazo sobre a zona que está libre de obstáculos. Este espazo debe ser entre 7 e 10m. A Rede: Situada a 2,30 m. As equipas: Estarám formadas por um máximo de 10 membros, dos cales seis estarán no xogo, e o resto serán suplentes.  Obxectivos: Nas fases eliminatorias, as partidas xogaranse ao vencedor de 1 set. A final disputarase ao vencedor de 3 sets. En cada set débese acadar un total de 25 pontos sempre e cando haxa unha diferenza de 2 pontos coa outra equipa (se se empatar a 24 débese conseguir 26).

Carreira polpular por relevos
Participación: Cada equipa poderá apresentar tres participantes, entre os que haberá como mínimo unha muller. A proba realizarase por relevos, desenvolvendo cada unha das catro probas (Carreira de Sacos 15m, Carreira a Carretilha 15m, Carreira ao Chico 15m, Carreira com umha culher na boca e cumha pataca. 15m) un componente da equipa.

Tiro de corda
Nesta proba as equipas deberán estar formadas por un total de 5 membros, dos cales polo menos debe contar con unha muller. Consistirá en que cada equipa, cada unha por un estremo da corda, turre até facer pasar á equipa contraria da liña intermedia que as separa.

Loita Galega
Co fin de evitar posibles lesións e de facilitar a práctica desta proba a tod@s @s participantes, decidimos realizar unha adaptación do regulamento deseñado/recollido polo club de loita A Cambadela (A Estrada). Isto provoca, ó noso pesar, non poder realizar a loita galega con tódolos seus elementos propios. Así é todo, trataremos de gardar certas particularidades desta disciplina e tentaremos contribuír á súa difusión, pois é unha actividade que foi caendo no esquecemento, como consecuencia do abandono do rural galego, ó igual que outras moitas accións e actividades propias do país.
Ligazóns interesantes (Bibliografía):


Nenhum comentário:

Postar um comentário