16 de jul. de 2012

ACLARACIÓNS DAS OLIMPIADAS INTER-POBOS


Debido á cantidade de perguntas plantexadas nestes días a respeito das Olimpiadas Inter-Pobos, queremos facer as aclaracións que seguen;

-As equipas teñen que ter unha muller como mínimo? Si, son equipas mixtas todas.

-Cal é o mínimo de membros por equipa? 6.

-Máximo? Non hai.

-Temos que participar en todas as probas? Non, só nas que consideres oportuno.

-E se non temos “pobo” ou xa hai equipa feita? Ademais de pobos, pódese participar por aldeas (por ex. Boado, Morgade, etc respecto de Xinzo) ou por barrios (Viños, Polígono, etc respecto de Xinzo)

-Teñen que ser todos os membros do pobo? Non necesariamente, mais nós recomendamos que si.

-Hai disciplinas de homes e mulleres? Si, haberá nas probas de forza unha categoria de homes e outra de mulleres, e pontuarán por separado.

-Quen arbitra? Cada equipa debe achegar unha persoa para facer de árbitro para axudar á organización.

-Hai límite de idade? Non. Nen máxima, nen mínima.

-Cota de inscripción? 4 euros por membro. O total dependerá do número de membros.

-Onde pago? O dia 28 de xullo na Moreira ao comezo das olimpiadas.

-Onde nos anotamos? Por correo aguilhoar@hotmail.com, no Centro Social Aguilhoar, avisando a cualquer socio/a que coñezades ou no propio dia 28 de xullo na Moreira.

-Hai vestiarios? Si, estarán habilitadas as instalacións da Moreira ao completo.

-Haberá Bar? Si, a cantina estará disponible con bebida fresca e bocadillos para participantes e para o público.

-Pódese ir como público? Desde logo que si. Animamos a todas e todos, aínda que non participades, que vaiades animar ao voso pobo.

-Cando se saberán os gañadores? Os gañadores de cada proba individual e a equipa gañadora en xeral daranse a coñecer no concerto organizado ao efecto para finalizar a xornada.

-Que hai de trofeus? Un xamón ao 1º, un lacón ao 2º e uns chourizos ao 3º. Aliás, haberá un diploma para cada gañador/a individual.

-Hai que ir a recollelo? Si, é obrigatorio. Senon se acode a recoller o trofeu pasarase o trofeu ao seguinte clasificado en pontos, e así sucesivamente.

Nenhum comentário:

Postar um comentário