29 de jun. de 2011

PROGRAMA E DESCRIPCIÓN DAS PROBAS


Provisoriamente deixamos o programa de probas da edición de 2011 a modo referencial. Proximamente estará disponíbel o programa destas novas Olimpidas Inter-Povos!!


HORARIO DAS PROBAS:

-Ás 11h00
5000 m (Saída da Moreira e seguido por un percorrido polas pistas)
100 m
-Ás 11h45
Lanzamento de peso
Salto de Lonxitude
-Ás 12h30
Lanzamento de Sacho
-Ás 13h00
Tiro con Fisga
Descanso para comer

-Ás 16h00
Brilé
-Ás 17h.00
Volei
-Ás 18h30
Carreira Popular de Relevos:
a) Carreira de sacos 15m
b) Carreira a carretilla 15m
c) Carreira ao chico 15m
d) Carreira cunha culler na boca e cunha pataca.15m.
-Ás 19h15
Billarda
s 20h30
Loita Galega
-Ás 23h00
Entrega de Tofeus na Praza de Oriente
Concertos

DESCRIPCIÓN DAS PROBAS
5000 M
A proba consistirá nunha carreira de 5000 metros, a través dun circuito debidamente sinalizado, polas inmediacions da Moreira, comezando na pista de altetismo do campo. Desclasificación da proba: 3 saídas nulas (sair antes do sinal), agarrar, golpear, empurrar, desequilibrar ou obstruir outro participante, atalhar ou circular por fora do circuito marcado.

100 M.
A proba consistirá nunha carreira de 100 metros na pista de atletismo, a través dun circuito debidamente sinalizado.
Serán motivos de desclasificación da proba: 3 saídas nulas (sair antes do sinal), agarrar, golpear, empurrar, desequilibrar ou obstruir outro participante, atalhar ou circular por fora do circuito marcado.
Lanzamento de Peso
A proba consistirá no lanzamento de lonxitude dunha pedra (adoquin). Os lanzamentos realizaránse por quendas, podendo realizar un só lanzamento por participante e quenda. Dentro do campo de lanzamento delemitarase a zona de lanzamento. Cada lanzador disporá de 3 intentos, nos cales intentará chegar coa pedra a maior distancia posible. A maneira ou estilo coa que se debe realizar o lanzamento será libre e a escolla do lanzador. Se o lanzador saíse da zona de lanzamento ou lanzase fora do campo de lanzamento (é dicir lanzase noutro sentido distinto ao campo destinado aos lanzamentos) o lanzamento considerarase nulo. Os lanzamentos realizaranse con unha pedra duns 20-25 cm de diámetro e uns 3 kg d peso.
Salto de Lonxitude
Espazo da competición: O espazo de competición constará de dúas partes, unha pista de aceleración e unha área de aterrizaxe, separadas por unha marca (liña de batida). A primeira será duns 30 m, podéndose comezar a carreira desde o ponto que consideremos máis adecuado dentro desta distancia. A segunda terá uns 7 m. de distancia.

Procedemento: O saltador iniciará a carreira desde o ponto que considere máis adecuado da pista de aceleración unha vez que o árbitro indique a súa saída. Correrá en dirección á área de aterrizaxe executando a batida sen pisar a liña de batida. Unha vez realizado o salto, o árbitro medirá a distancia desde a liña de batida e a marca máis retrasada feita por calquera parte do corpo do atleta.


Realizaranse 3 saltos por competidor e contará aquel no que acade mellor marca. Se resulta un empate entre varios saltadores, clasificarase aquel que teña mellor 2º salto ou incluso 3º mellor salto no caso de que se tivese que volver a desempatar.
Lanzamento de Sacho
A proba consistirá no lanzamento de lonxitude dunha aixada ou sacho. Os lanzamentos realizaránse por quendas, podendo realizar un só lanzamento por participante e quenda. Dentro do campo de lanzamento delemitarase a zona de lanzamento. Cada lanzador disporá de 3 intentos, nos cales intentará chegar coa aixada a maior distancia posible. Medirase a distancia que existe entre o límite da zona de lanzamento e o primeiro impacto da parte de ferro do sacho co chao.A maneira ou estilo coa que se debe realizar o lanzamento será libre e á escolla do lanzador.

Se o lanzador saíse da zona de lanzamento ou lanzase fora do campo de lanzamento (é dicir lanzase noutro sentido distinto ó campo destinado aos lanzamentos) o lanzamento considerarase nulo. Os lanzamentos realizaranse cunha aixada duns 70 cm de longo e uns 2 kg d peso.

Tiro con Fisga

Diana. Atoparase a unha distancia de 10 m da zona de tiro. Dividirase en 4 circunferencias que delimitarán, da maior à mais pequena, áreas de 25, 50, 75 e 100 pontos, contando do exterior o interior respectivamente. As dimensións serán dun A0 (84 cm de ancho e 1m 18 cm de longo)

Fisga e munición. Todos os participantes competirán co mesmo tipo de fisga e lanzarán o mesmo tipo de pedras, cedidas unhas e outras pola organizacion.

Proba. Permitiranse 5 tiros, den ou non na diana. A puntuación final será a suma das veces que se de en diana cos puntos marcados na circunferecia. En caso de empate, pasará quen conseguise o tiro mais próximo ao centro da diana.


Brilé
As equipas: No xogo enfrentanranse duas equipas, formada cada umha por seis persoas.
O campo: O campo consta de duas partes.
Obxectivo do xogo: Conseguir que toda a equipa rival pase ao seu cárcere
Repartidos en dous grupos, con unha bola, tentaremos golpear os membros da equipa contraria.
Regulamento: Se te lanzan a bola, esta dache e depois toca o chao, ficas eliminado e vas á parte do cárcere. Terás direito a reinciar o xogo desde alí, podendo salvarte se no primeiro tiro brilas algun membro da equipa rival. Permitese pasar a bola desde o campo de un grupo ao cárcere do mesmo grupo, se a bola non é interceptada pola equipa rival. Se golpeas coa bola algún membro da própria equipa, este non será eliminado. Se a bola te golpea despois de botar no chao, non serás eliminado.
Volei

O Campo: Dividido en dúas partes, iguais entre si, que meden 10 x 6 m, con unha superficie aberta entre 3 e 6 m. e espazo libre de xogo, que é o espazo sobre a zona que está libre de obstáculos. Este espazo debe ser entre 7 e 10m.
A Rede: Situada a 2,30 m.

As equipas: Estarám formadas por um máximo de 10 membros, dos cales seis estarán no xogo, e o resto serán suplentes.
Obxectivos: Nas fases eliminatorias, as partidas xogaranse ao vencedor de 1 set. A final disputarase ao vencedor de 3 sets. En cada set débese acadar un total de 25 pontos sempre e cando haxa unha diferenza de 2 pontos coa outra equipa (se se empatar a 24 débese conseguir 26).
Carreira Popular
Participación: Cada equipa poderá apresentar tres participantes, entre os que haberá como mínimo unha muller. A proba realizarase por relevos, desenvolvendo cada unha das catro probas (Carreira de Sacos 15m, Carreira a Carretilha 15m, Carreira ao Chico 15m, Carreira com umha culher na boca e cumha pataca. 15m) un componente da equipa.

Os relevos e a equipa gañadora: relevo pasarase de un participante a outro na forma dunha pulseira, coa que partirán posta as e os corredores na primeira proba. Os outros membros da equipa agardaran após a unha liña marcada para continuar e non poderán sair dos seus postos de espera até terem colocada a pulseira no pulso. Assim mesmo, os atletas nom poderám quitar a pulseira que levam para dar-lha aos seus companheiros até chegar ao posto de espera destes. Suporám penalizaçons de 10 segundos, acumuláveis entre sim:- Chegar ao posto de espera com a pulseira fora do pulso.- Sair do posto de espera coa pulseira fora do pulso.
- Que o ou a atleta que espera saque a mao fora dos limites do posto de espara antes de receber a pulseira.
Ganhará a equipa que, umha vez aplicadas as penalizaçons se as houver, realice o conjunto da prova no menor tempo. Polo seu carácter complexo e completo, a ganhadora ou ganhador desta prova somará dou pontos na classificaçom geral.
Billarda

A Billarda, o deporte tradicional galego relanzado dun tempo a esta parte con grande suceso polaLiga Nacional de Bilharda, non podia faltar.

Aas regras podedes consultar descargando o "Manual do Activista da LNB".

Loita Galega
Co fin de evitar posibles lesións e de facilitar a práctica desta proba a tod@s @s participantes, decidimos realizar unha adaptación do regulamento deseñado/recollido polo club de loita A Cambadela (A Estrada). Isto provoca, ó noso pesar, non poder realizar a loita galega con tódolos seus elementos propios. Así é todo, trataremos de gardar certas particularidades desta disciplina e tentaremos contribuír á súa difusión, pois é unha actividade que foi caendo no esquecemento, como consecuencia do abandono do rural galego, ó igual que outras moitas accións e actividades propias do país.
Espazo
Terá lugar nun círculo con 4 metros de diámetro, marcado sobre o propio terreo da “Veronza Nova” (Vila Olímpica). Haberá unha zona de seguridade arredor deste círculo para evitar posibles accidentes.
Duración
A duración total do combate será de 5 minutos a tempo corrido.
Vestimenta- Loitarase cun pantalón (preferiblemente chándal), sen cremalleiras e remangado polos xeonllos.
- A loita faise descalzos.
ParticipantesOs participantes serán homes e mulleres e unicamente haberá división por categoría de pesos, separando en:- Menos de 60Kg.- Entre 60 e 80Kg.- Máis de 80Kg.
Cada equipa poderá inscribir ate 2 loitadores/as por categoria.
Obxectivos (como se acada a vitoria):- Inmobilizar ó contrario no chan durante 15´´. Considérase inmobilizado dende que o árbitro comeza a conta en voz alta.
- Combinar 3 puntos antes de rematar a duración do combate. En caso de non acadar os 3 puntos, será proclamado vencedor o que acade máis puntos. En caso de empate, haberá un tempo extra para determinador o gañador, vencendo o primeiro que acade un punto ou consiga inmobilizar ó contrario.
Para acadar 1 punto:- Conseguir derribar ó contrario. Considérase derribado sempre que o loitador perda o equilibrio e toque con calquera parte do corpo no chan a excepción dos pés (exemplos: tocar co xeonllo, ca man…).
- Botar ó contrario fora do circulo.
Prohibicións:- Non se permite golpear (cas pernas ou cas mans), rabuñar,estrangular ou agarrar do pescozo. A cara/cabeza non pode ser obxecto de ningún tipo de acción.- Non se pode abrazar as dúas pernas á vez.- Non se permite realizar ningún tipo de maña fora do terreo de loita, pero sí as que comecen dentro e se finalicen fora, así como as comezadas dentro do tempo regulamentario e finalizadas unha vez rematado este.- Están prohibidas aqueles movementos complexos que poñen en perigo a integridade física do rival.
- Están prohibidos agarrar ou tirar da camisola ou roupa que cobra o torso.
Accións permitidas:- As mañas realízanse sobre o pantalón, pernas(zona que cubre o pantalón), brazos ou tronco.- Nas mañas sobre as pernas, so se poden agarrar cunha man, nunca abrazalas ca dúas mans nin abrazar as dúas pernas á vez.
- Pódese utilizar calquera tipo de técnica cas pernas sempre que non se observe golpeo.
Ligazóns interesantes (Bibliografía):

Nenhum comentário:

Postar um comentário