31 de jul. de 2012

Crónica do VII Festival da Mocidade



Finalizou o VII Festival da Mocidade que da Aguilhoar levamos organizando, ano após ano, mas nesta ediçom as dificultosas circunstáncias económicas também estiverom e estam presentes nos movimentos socais. Assim, nesta ocasiom nom pudemos desfrutar dos concertos ao ar livre que desde os começos era umha senha de identidade. Porém, seguindo o sucesso da ediçom anterior, da Aguilhoar decidimos centrar os nossos esforços na programaçom de umha boa jornada desportiva, popular e galega, que puxe-se acima da mesa, nestes tempos de actualidade com o mundial de futebol e os jogos olímpicos, um desporto de base, nom profissional e baseado na camaradagem e, aliás, colocando a necessidade de umhas seleçons galegas poderem competir internacionalmente em pé de igualdade com o todos os povos do mundo.

Neste contexto, o sábado 28 de julho, sete equipas representativas de povos da nossa comarca, - A Sainza, Poligono, Casas da Veiga, Boado, Vilar de Santos, Lama de Paio, e As Pegas-, participaram das Olimpíadas Inter-Povos nas instalaçons desportivas da Moreira em Ginzo de Límia.

Mais de meio cento de participantes e alguns curiosos achegarom-se já pola manha cedo para correrem os 4000 m, que partiam da Praça Maior da vila, e que foi para a Sainza, os 100m e o lançamento de sacho, também forom para o combinado mouro-cristiao. Porém, o salto de longitude levou-no a equipa de Boado, e o lançamento de pedrolo foi para os das Casas de Veiga. O tiro com fisga que puxo fim à manhá, nesta ocasiom, levou-no a equipa das Pegas.

Já pola tarde, tinhamos as provas por grupos, onde arrassou novamente a Sainza, tanto no volei, como no espectacular tiro de corda. A continuaçom, também outras das provas estrela, foi a carreira popular por relevos, com carreira de sacos, ao chico, carretilha e carreira com a pataca numha culher na boca. E para terminar a luita galega, onde os e as particpantes quigerom medir a suas forças. A classificaçom final levou o xamom para a Sainza, como campeom, o lacom para o Polígono como segundo classificado, e a rastra de chouriços para as Casa da Veiga como terceiros da maratona desportiva.

Para por-lhe o fim à jornada, foi o Centro Social Aguilhoar o que acolheu num  concerto superlotado, ao grupo viguês de ska Liska! que fixo dançar e troulear a todos aqueles que participaram na jornada. A seguir foi a entrega de trofeus a carrego de um representante da Aguilhoar que nom defraudou na sua intervençom. E ainda, umha improvissada foliada que continuou a festa desta ediçom, um tanto sui generis, do Festival da Mocidade. 

Obrigadinhos/as a todos/as por tudo!







Nota: Nos próximos dias publicaremos umha extensa reportagem gráfica da jornada.

19 de jul. de 2012

[28 de Xullo] Cartaz e programación definitiva


A seguir publicamos o cartaz e a programación definitiva da séptima edición do Festival da Mocidade, que mais un ano se centra no ámbito deportivo e festivo. Así, as actividades das olimpíadas inter-pobos decorreran nas instalacións deportivas da Moreira, onde haberá todo tipo de servizos, desde vestiarios, zona de descanso, un bar con bebida e comida para os participantes, etc.

Finalmente, o encerramento da xornada será no Centro Social Aguilhoar, e non na tradicional Praza de Oriente de Xinzo como en anteriores edicións, nel realizarase a entrega de trofeus e contaremos coa actuación do grupo vigués LISKA! para por fin a este evento.

Sen mais, encoraxamos a participaren nas actividades a todas e todos, podendo anotarse através do correo aguilhoar@hotmail.com, no local social ou en último caso no proprio Campo da Moreira.

16 de jul. de 2012

ACLARACIÓNS DAS OLIMPIADAS INTER-POBOS


Debido á cantidade de perguntas plantexadas nestes días a respeito das Olimpiadas Inter-Pobos, queremos facer as aclaracións que seguen;

-As equipas teñen que ter unha muller como mínimo? Si, son equipas mixtas todas.

-Cal é o mínimo de membros por equipa? 6.

-Máximo? Non hai.

-Temos que participar en todas as probas? Non, só nas que consideres oportuno.

-E se non temos “pobo” ou xa hai equipa feita? Ademais de pobos, pódese participar por aldeas (por ex. Boado, Morgade, etc respecto de Xinzo) ou por barrios (Viños, Polígono, etc respecto de Xinzo)

-Teñen que ser todos os membros do pobo? Non necesariamente, mais nós recomendamos que si.

-Hai disciplinas de homes e mulleres? Si, haberá nas probas de forza unha categoria de homes e outra de mulleres, e pontuarán por separado.

-Quen arbitra? Cada equipa debe achegar unha persoa para facer de árbitro para axudar á organización.

-Hai límite de idade? Non. Nen máxima, nen mínima.

-Cota de inscripción? 4 euros por membro. O total dependerá do número de membros.

-Onde pago? O dia 28 de xullo na Moreira ao comezo das olimpiadas.

-Onde nos anotamos? Por correo aguilhoar@hotmail.com, no Centro Social Aguilhoar, avisando a cualquer socio/a que coñezades ou no propio dia 28 de xullo na Moreira.

-Hai vestiarios? Si, estarán habilitadas as instalacións da Moreira ao completo.

-Haberá Bar? Si, a cantina estará disponible con bebida fresca e bocadillos para participantes e para o público.

-Pódese ir como público? Desde logo que si. Animamos a todas e todos, aínda que non participades, que vaiades animar ao voso pobo.

-Cando se saberán os gañadores? Os gañadores de cada proba individual e a equipa gañadora en xeral daranse a coñecer no concerto organizado ao efecto para finalizar a xornada.

-Que hai de trofeus? Un xamón ao 1º, un lacón ao 2º e uns chourizos ao 3º. Aliás, haberá un diploma para cada gañador/a individual.

-Hai que ir a recollelo? Si, é obrigatorio. Senon se acode a recoller o trofeu pasarase o trofeu ao seguinte clasificado en pontos, e así sucesivamente.

11 de jul. de 2012

Confirmada presenza de LISKA! no VII Festival da Mocidade


Como ponto é final do séptimo Festival da Mocidade, dentro das Olimpiadas Inter-Povos, da Aguilhoar xa podemos confirmar a presenza de LISKA! no concerto de feche e posterior entrega de trofeos a decorrer o 28 de Xullo.

LISKA son un grupo de ska, punk e reggae de recente creación na cidade de Vigo, quen combinan xuventude e veteranía musical, con Paulo Tobio (Skarnio) no micro.

Teñen actuado, con grande suceso, en diferentes festivais e participado, tamén con éxito, en concursos musicais.


6 de jul. de 2012

[28 DE XULLO] Publicamos as probas das Olimpíadas Inter-Povos


As probas que decorreran nesta nova edición das Olimpíadas Inter-Povos o próximo 28 de xullo no Campo da Moreira serán as que seguen;

4000m. 
A proba consistirá nunha carreira de 4000 metros, a través dun circuito debidamente sinalizado, polas inmediacions da Moreira. Desclasificación da proba: 3 saídas nulas (sair antes do sinal), agarrar, golpear, empurrar, desequilibrar ou obstruir outro participante, atalhar ou circular por fora do circuito marcado.

100m
A proba consistirá nunha carreira de 100 metros na pista de atletismo, a través dun circuito debidamente sinalizado. Serán motivos de desclasificación da proba: 3 saídas nulas (sair antes do sinal), agarrar, golpear, empurrar, desequilibrar ou obstruir outro participante, atalhar ou circular por fora do circuito marcado.

Salto de Lonxitude
Espazo da competición: O espazo de competición constará de dúas partes, unha pista de aceleración e unha área de aterrizaxe, separadas por unha marca (liña de batida). A primeira será duns 30 m, podéndose comezar a carreira desde o ponto que consideremos máis adecuado dentro desta distancia. A segunda terá uns 7 m. de distancia.

Lanzamento de Sacho
A proba consistirá no lanzamento de lonxitude dunha aixada ou sacho. Os lanzamentos realizaránse por quendas, podendo realizar un só lanzamento por participante e quenda. Dentro do campo de lanzamento delemitarase a zona de lanzamento. Cada lanzador disporá de 3 intentos, nos cales intentará chegar coa aixada a maior distancia posible. Medirase a distancia que existe entre o límite da zona de lanzamento e o primeiro impacto da parte de ferro do sacho co chao.A maneira ou estilo coa que se debe realizar o lanzamento será libre e á escolla do lanzador.

Tiro con Fisga
Diana. Atoparase a unha distancia de 10 m da zona de tiro. Dividirase en 4 circunferencias que delimitarán, da maior à mais pequena, áreas de 25, 50, 75 e 100 pontos, contando do exterior o interior respectivamente. As dimensións serán dun A0 (84 cm de ancho e 1m 18 cm de longo).
Fisga e munición. Todos os participantes competirán co mesmo tipo de fisga e lanzarán o mesmo tipo de pedras, cedidas unhas e outras pola organizacion.
Proba. Permitiranse 5 tiros, den ou non na diana. A puntuación final será a suma das veces que se de en diana cos puntos marcados na circunferecia. En caso de empate, pasará quen conseguise o tiro mais próximo ao centro da diana.

Volei
O Campo: Dividido en dúas partes, iguais entre si, que meden 10 x 6 m, con unha superficie aberta entre 3 e6 m. e espazo libre de xogo, que é o espazo sobre a zona que está libre de obstáculos. Este espazo debe ser entre 7 e 10m. A Rede: Situada a 2,30 m. As equipas: Estarám formadas por um máximo de 10 membros, dos cales seis estarán no xogo, e o resto serán suplentes.  Obxectivos: Nas fases eliminatorias, as partidas xogaranse ao vencedor de 1 set. A final disputarase ao vencedor de 3 sets. En cada set débese acadar un total de 25 pontos sempre e cando haxa unha diferenza de 2 pontos coa outra equipa (se se empatar a 24 débese conseguir 26).

Carreira polpular por relevos
Participación: Cada equipa poderá apresentar tres participantes, entre os que haberá como mínimo unha muller. A proba realizarase por relevos, desenvolvendo cada unha das catro probas (Carreira de Sacos 15m, Carreira a Carretilha 15m, Carreira ao Chico 15m, Carreira com umha culher na boca e cumha pataca. 15m) un componente da equipa.

Tiro de corda
Nesta proba as equipas deberán estar formadas por un total de 5 membros, dos cales polo menos debe contar con unha muller. Consistirá en que cada equipa, cada unha por un estremo da corda, turre até facer pasar á equipa contraria da liña intermedia que as separa.

Loita Galega
Co fin de evitar posibles lesións e de facilitar a práctica desta proba a tod@s @s participantes, decidimos realizar unha adaptación do regulamento deseñado/recollido polo club de loita A Cambadela (A Estrada). Isto provoca, ó noso pesar, non poder realizar a loita galega con tódolos seus elementos propios. Así é todo, trataremos de gardar certas particularidades desta disciplina e tentaremos contribuír á súa difusión, pois é unha actividade que foi caendo no esquecemento, como consecuencia do abandono do rural galego, ó igual que outras moitas accións e actividades propias do país.
Ligazóns interesantes (Bibliografía):


28 de jun. de 2012

[VII FESTIVAL DA MOCIDADE] 28 DE XULLO DE 2012, OLIMPIADAS INTER-POVOS NA LÍMIA



Próxima edición do Festival da Mocidadade repite a organización das Olimpiadas Inter-Povos, así da Aguilhoar comezamos a traballar para prepararmos, mais un ano, este evento deportivo e festivo.

28 DE XULLO DE 2012, NO CAMPO DA MOREIRA
O sábado 28, na capital da Límia, nas instalacións da Moreira, desde a pimeira hora da mañá decorreran todas as probas. Desde disciplinas profisionais como 5000 m., 100 m. ou salto de lonxitude, até xogos tradicionais como o brilé, lanzamento de sacho, tiro con corda ou carreira por relevos.

A participación será por equipas, preferentemente de cada un dos povos, aldeas ou barrios da comarca, e coa obrigatoriedade de contar con unha muller cando menos en cada equipa.

O Trofeu para o povo gañador será un xamón, para o segundo clasificado será un lacón e para o terceiro uns chourizos. Aliás, haberá un diploma para os campións individuais de cada unha das probas.

CONCERTOS NA PRAZA DE ORIENTE

Para finalizar a xornada, na Praza de Oriente haberá unha cerimonia de entrega de Trofeus e os xa habituais concertos até o corpo aguantar para lle por fin a este dia.

FAI A TUA EQUIPA NO TEU POVO, ALDEA OU BARRiO!! PARTICIPA!!



Mais información proximamente!!



1 de ago. de 2011

[ 2011] Crónica do VI Festival da Mocidade


O pasado sábado, 30 de xullo, decorreu a sexta edición do Festival da Mocidade, este ano adicando a temática do mesmo aos deportes populares e galegos, sob a organización dun campionato que enfrontaba aos pobos, aldeas e barrios da comarca en probas como os 4000m, 100m, brilé, lanzamento de sacho ou o tiro con fisga, continuando a idea lanzada nas Olimpiadas Populares Galegas.

O resultado foi un rotundo éxito, non só na participacióm, contando con dez equipas, con un número de participantes que ia dos 6 aos 10 por cada unha, mais polo ambiente vivido, o convivio e a sana competitividade, pondo en valor unha outra forma de lecer, sempre de unha óptica 100% galega e popular.
Olimpiadas Inter-Pobos. Casa Baratas-Pombal saiu como a equipa gañadora.
A xornada comezou por volta das 11h da mañá até 14h nas instalacións deportivas do campo da Moreira, desputándose os 4000m resultando gañador Javi do Poligono 2 na categoria masculina e Lorena Portela da Veiga na feminina. Logo virían os 100m. que iría para Hector da Sainza, e mais para Noelia do Barrio de Abaixo. A continuación a lonxitude gañando o Javi do Poligono 2 e novamente Noelia do Barrio de Abaixo. E por último, en peso maculino faríase co trunfo Javi das Casas Baratas – Pombal e no feminino Raquel de Reboreda, e o Tiro con Fisga que foi para a equipa das Casas Baratas – Pombal.
Na concurrida e calurosa tarde, foron as probas de lanzamento de sacho, que gañou Adrian da Sainza, e mais unha vez, Noelia do Barrio de Abaixo. O brilé foi gaño novamente pola equipa das Casas Baratas – Pombal, e a seguir no Volei foi para A Sainza quen

se levou a vitoria. E para rematar a xornada deportiva, a igualada carreira popular foi para equipa de Reboreda. Portanto, a clasificación por equipas resultou o primeiro posto para as Casas Baratas – Pombal, o segundo para Sainza e o terceiro para o Barrio de Abaixo.
Concertos e entrega de trofeus
Porén, a xornada non terminaba aí, mais continuaba na Praza de Oriente de Xinzo de Limia ambiantada para o efeito, cos concertos dos ourensanos Markarpone e os de Ponte Areas, Skandalo GZ que animaron aos presentes. Así, decorreu a entrega de trofeus a carrego de membros da Aguilhoar fixo entrega dos premios anunciados, nunha irónica intervención na que aliás se entregaran os premios “Isaac Vila” e “Anxo Quintana”.
Só resta agradecermos a todos as e os presentes e as que colaboraran con este VI Festival da Mocidade a súa axuda e agardarmos mais un ano para unha nova edición.